Se miramos no plantel deportivista, veremos que entre mediapuntas e dianteiros hai dez efectivos para cubrir as catro posicións de ataque que acostuma plantexar Idiakez. Son demasiados en nómina, que é culpa do director deportivo; e demasiados no campo, que é culpa do preparador.
Superada a fase de facer experimentos nos laterais, vén a de si funciona, no lo toques.
Cos mediapuntas pasa como cos médicos. Como fan unha labor de gran prestixio, hai moita xente que pensa que son todos bos.
O que máis me gusta do Deportivo deste ano é que non houbo demasiados cambios. Se a cousa non vai ben dende o principio, haberá que volver a reforzarse en decembro de calquera xeito, era tontería comezar con moitas fichaxes.
Cando se trata de dar patadas ós defensas rivais, prefiro o estilo deliberado de Pelícano Svensson ó accidental de Álvaro Morata. No fútbol actual non chega ca posesión, os expected goals ou as bolas quentes nos sorteos...