Star Trek: Discovery

Trato de non ver series. Despois de varias decepcións e moitos capítulos de recheo, prefiro centrar a miña atención noutros tipos de entretementos que non enredan durante anos. Tamén, como todos os idiotas, fago proselitismo e recomendo ó personal que se alonxe delas e da liga española de fúbol. Xa nunca me interesaron demasiado; das grandes produccións xa non ten recientes vin só un capítulo de Mad men, catro de Game of thrones, uns poucos minutos de Lost e nada de Breaking bad. Prefiro cousas que teñen duración contida e das que se espera que acaben nun espazo de tempo definido.

Teñen todo o sentido económico. Unha vez o espectador conecta ca historia ou cos personaxes resulta fácil conseguir que vexa novos episodios porque xa está implicado ou ten curiosidade. O mesmo ocorre cos programas de tertulias do corazón, de política ou de fútbol ou en Pasapalabra cando hai concursantes que levan moitos días perseguindo o bote.

Neste caso piquei por ser unha franquicia coñecidísima, con series e películas que disfrutara no pasado. Non son un trekkie convencido. Hai películas de Star Trek que me parecen boísimas e outras que considero bodrios. Encantoume DS9 e acabei de ver TOS e TNG, pero deixei VOY e ENT despois duns poucos capítulos.

A proposta é interesante. Unha serie ambientada uns poucos anos do inicio da orixinal, con guerras civiles Klingon, protagonismo do universo espello e personaxes xa coñecidos. Que Spock teña unha irmá humana, da que non sabíamos nada, é algo que chama a atención e que foi útil para algunha trama. Como novidade, incorpora unha spore drive que terá a súa importancia á hora de engadir orixinalidade á hora de decidir algunhas estratexias de viaxe e tamén de combate.

Para o meu gusto, decae bastante despois da primeira tempada. As tramas son demasiado épicas e parece que están salvando o universo, a especie ou a federación todo o tempo. Preferiría algo máis clásico que simplemente puxera en perigo a nave ou a algún dos seus ocupantes. Tamén abusa, de xeito descompensado, das tramas personais. Uns personaxes teñen demasiados minutos de relación de parella e outros apenas, sen que se compense noutro tipo de tramas e acaban sendo case descoñecidos.

Tomás Rial

Tomás Rial

O Rial