Segunda división
O que máis me gusta do Deportivo deste ano é que non houbo demasiados cambios. Se a cousa non vai ben dende o principio, haberá que volver a reforzarse en decembro de calquera xeito, era tontería comezar con moitas fichaxes. Idiákez plantexou o mesmo esquema e case o mesmo equipo. Aliñar a Mario Soriano era obrigado despois da súa reciente experiencia na categoría e o sacrificado foi Barbero no sistema de dous mediocentros e catro dianteiros.
Podería saír mellor sen o gol inicial do Oviedo, que metido atrás tería sufrido máis cun home de área e non con Lucas Pérez, pero esto non se sabía antes do inicio do partido. O preparador deportivista é de correr o escalafón en caso estrictamente necesario e se non se encadean as derrotas podemos esperar que as próximas aliñacións sexan do estilo.
En segunda, o equipo non vai ser tan dominante como o ano pasado. Plantexamentos co equipo tan partido contra equipos moito mellor feitos e con moito máis potencial físico que os de 1ª RFEF son seguramente un erro que se correxirá ó largo do ano. Probablemente acabemos xogando con tres centrocampistas ou con atacantes de banda, se os fichamos, que teñan máis características de interiores e menos de extremos.
Non foi isto a causa da derrota de onte. O Deportivo foi mellor en xeral contra un rival do que se esperaba máis. Se non fose pola acción puntual do gol, a victoria quedaría seguramente na casa. Co marcador en contra, a ansiedade e a inexperiencia na categoría non axudaron a convertir as ocasións.
Xa se empezan a plantexar os debates sobre os xogadores que valen para segunda división e os que non. Valer, poden valer todos, pero hai matices. Na dianteira, difícilmente se poderá mellorar. Máis dudas hai no mediocampo, onde vexo pouco físico a espera do que poida dar Mfulu, e onde hai que descartar como alternativa a Hugo Rama, aínda que se ve un pouco máis fino. Na defensa, non vexo un central completo. Hainos con experiencia, con xuventude, con xogo por alto e con velocidade, pero ningún deles xunta moitas virtudes. Preferiría adaptar a Ximo Navarro se os laterais saen bos.