A primeira vez que vin esta película, decidín que o director era un xenio e púxenme a ver outras del ata que dei con L'amant double e cambiei de opinión. O xenio debe de ser Juan Mayorga, que escribiu a obra de teatro na que se basea o filme.
Cando Joxean Fernández Matxín, o actual director deportivo de Tadej Pogačar, estaba a cargo do Saunier Duval, fixeron un estudio sobre a rendibilidade económica para os patrocinadores dun equipo ciclista.
Naquel King's Quest, creo que era o VII e creo que aínda teño o CD por algún sitio, había que entrar no inventario, abrir un cesto, coller un gran de millo, plantalo nun lugar húmido e despois creo que medraba a planta e podías subir a un lugar onde finalizabas a primeira parte do xogo.
Mark Cavendish, da Illa de Man, 39 castañas, inglés incomprensible... chegou á meta de Rímini con 40 minutos de retraso sobre o gañador. Estaba enfermo. Durante a retransmisión víronse imaxes del vomitando e
Este ano, o Tour empezou cunha historia fermosa. Contóunala esta vez Romain Bardet, que conseguiu vestir o maillot de líder por primeira vez na súa última participación. Por beleza, por épica, por xusticia.