O Huesca ten moi claro o que quere facer para gañar o partido: non regalar nada atrás e buscar a velocidade nos homes de banda e o remate de Sergi Enrich.
O que máis me gusta do Deportivo deste ano é que non houbo demasiados cambios. Se a cousa non vai ben dende o principio, haberá que volver a reforzarse en decembro de calquera xeito, era tontería comezar con moitas fichaxes.
Cando se trata de dar patadas ós defensas rivais, prefiro o estilo deliberado de Pelícano Svensson ó accidental de Álvaro Morata. No fútbol actual non chega ca posesión, os expected goals ou as bolas quentes nos sorteos...
O das sociedades anónimas deportivas non é o meu modelo. A ninguén lle interesa que o seu equipo reparta dividendos e sí que gaste todo o posible en ter os mellores resultados deportivos. A conversión obligatoria usurpou a propiedade ós abonados sen solucionar os problemas de endebedamento