Glengarry Glen Ross (1992)
Uns comerciales inmobiliarios (Jack Lemmon, Ed Harris e Alan Arkin) están molestando a xente por teléfono cando aparece Alec Baldwin nun BMW 850 e sóltalles un discurso motivacional para facelos competir por un Cadillac, un conxunto de coitelos de cortar carne e por salvar o seu emprego.
Ó principio non parecen moi impresionados. A un ocórreselle servirse un café e outro plantéxalle contradiccións ós seus vociferados argumentos. O speaker resolve a situación gracias a unha linguaxe verbal e corporal agresiva e mostras chamativas de riquezas persoais. Conducir un coche de 80000 dólares da época e estar emparellado co mito erótico do momento é unha vantaxe competitiva en termos de autoconfianza. Poder ameazar co despido tamén axuda.
Por alí anda tamén Kevin Spacey, que se chama Williamson nesta película e é o administrador da oficina e custodio dunhas fichas de clientes con tremenda importancia para o futuro económico máis próximo dos comerciales. As fichas non son todas da mesma calidade, as que lles ofrecen de diario son moito peores que as que se gardan para cando demostren que son capaces de vender.
Á reunión falta Ricky Roma (Al Pacino) que non semella tan dependente de discursos nin de fichas para encontrar clientes. Para él, calquera lugar e momento son oportunidades para colocar unha propiedade a unha vítima. Alí aparece un pobre home ó que identifica claramente como un posible obxectivo e inmediatamente inicia unha conversación que lle permita empregar as súas habilidades de vendedor e unha dose semiletal de alcohol para conseguir a súa comisión.
Ante a necesidade de resolver os seus problemas económicos e persoais, os protagonistas fracasan facendo chamadas frías a clientes cos que non funcionan as súas habilidades de mentira e manipulación. Entón, plantéxanse outras estratexias como cambiar de empresa ou entrar na oficina a roubar as fichas.
Parecerálles unha obra de teatro porque eso era en orixe. Escrita por David Mamet, levaba uns anos representándose antes de que se fixera a película. Seguramente tivera moito máis impacto na cultura popular de países de fala inglesa, nos que a famosa frase 'always be closing' da famosa escea do discurso se puido facer máis permanente. En España, poucos a recordarán e non houbo apenas reposicións en televisión.
Destacan os diálogos. É unha historia na que non hay acción, invasións alieníxenas nin conflictos de parella. Tampouco hay asesinatos imposibles; o delito que ó final se comete resólvese dunha forma un pouco demasiado simple cando o culpable se autoinculpa accidentalmente. Non se trata diso. Son o guión e os grandes actores os que fan que pague a pena vela.