As cousas máis claras

Non estou en contra, en principio, de que Lucas Pérez xogue coma o home máis adiantado do noso deportiviño. Contra rivais que queiran dominar e deixen espacios atrás pode ser unha moi boa solución. Non é o caso do Huesca, que ten moi claro o que quere facer para gañar o partido: non regalar nada atrás e buscar a velocidade nos homes de banda e o remate de Sergi Enrich.

Neste escenario, o plantexamento de inicio de Idiákez non funcionou moi ben. Falta velocidade en ataque e con pases verticais directos é moi difícil de superar unha defensa ben plantada. Só Mella podería desbordar e tamén foi por momentos o home máis en punta pola costume de Lucas de baixar ó medio do campo a recibir. Cando non hai espacio podería ser mellor solución colocar os extremos a perna natural e buscar algún balón cruzado.

Mellor estivo o plantexamento ofensivo na segunda parte. Un dianteiro como Barbero fixa algún dos centrais e consigue que nalgún choque reboten para onde non lles convén. Dous dianteiros que xoguen cerca sempre poden aproveitarse dos esforzos respectivos. Ca defensa máis pendiente deles, Soriano no pivote pode atopar a Mella e Yeremay en situacións máis achegadas á portería, con opcións para disparar, asistir ou regatear sen tempo a que cheguen as axudas.

Durou pouco porque, despois do bo inicio, prácticamente deixaron de buscar a Mario e tentaron un xogo polas bandas en zonas moi alonxadas da portería onde o Huesca presionaba fácilmente e conseguía contraatacar con facilidade e algunha vez con perigo. Ó final outro balón parado mal defendido deixou ó Dépor sen puntos.

Os dous malos resultados, a lesión de Jose Ángel e a mala actuación de Petxarromán pode que inviten a Idiákez a correr o escalafón, pero o problema non é tanto de efectivos como de ter as cousas claras. A prioridade debe ser non regalarlle nada ó rival. Despois hai que buscar o sistema que permita atacar con máis efectividade. O que pasou na segunda parte é un indicio, só hai que saber manexarse mellor nesa situación para que os atacantes deportivistas apoien os medios cando está o balón aínda lonxe das mellores posicións e despois encarar cando xa poidan recibir nos lugares axeitados.

Tomás Rial

Tomás Rial

O Rial