Se miramos no plantel deportivista, veremos que entre mediapuntas e dianteiros hai dez efectivos para cubrir as catro posicións de ataque que acostuma plantexar Idiakez. Son demasiados en nómina, que é culpa do director deportivo; e demasiados no campo, que é culpa do preparador.
Como naquelas matemáticas que tantas veces nos ensinaron en castelán, la solución existe y es única: a converxencia co portugués. Os lingüistas debaten se galego e portugués son o mesmo idioma ou non. Para min, a resposta a ese debate debe ser práctica.
É un erro perderse pensando que nos van despistar facéndonos sospeitar de inocentes, trátase máis de descubrir como pasaron as cousas que saber quen son os culpables, aínda que tamén hai algo diso.
Superada a fase de facer experimentos nos laterais, vén a de si funciona, no lo toques.
Deberon de axustar mal o presuposto cando o último capítulo dura só vinte minutos e fai bastante recordo dos feitos pasados durante toda a serie.